Saltar al contenido

Noticias Web FGA .- 25/01/2017 . Todo a punto para a gran cita do Campo a Través en Galicia

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
25/01/2017 . Todo a punto para a gran cita do Campo a Través en Galicia

O domingo 29 de xaneiro acontecerá no Circuito de Campo a Tarvés da Area recreativa de «A Veronza» do Concello de Ribadavia a disputa correspondete ó LXXXII Campionato de Galicia de Cross Absoluto, Promesa e Junior individual e por equipos masculinos e o L Campionato de Galicia Absoluto, Promesa e Junior Individual e por equipos femininos.

O evento que conta ca organización do Concello de Ribadavia, Xunta de Galicia e Clube Deportivo Aurum, está integrado dentro do II Circuito Galego de Campo a Través integrado por sete carreiras do circuito autonómico.

Con este Campionato a nosa comunidade desenvolverá o acontecemento atlético máis importante da especialidade que terá a súa continuidade o vindeiro dia 3 de Marzo ca celebración do Campionato de España en Xixón, para a reglón seguido continuar ca gran cita internacional da tempada, como son os Campionatos do Mundo da especialidade que este ano terá na capital ugandesesa de Kampala, o seu pais organizador.

   LISTADO ATLETAS:  CLUBES    DORSAL   

 Circuito – Camara de chamadas

Etiquetas: