Saltar al contenido

Noticias Web FGA .- 22/12/2016 . A Copa de Clubs de Pista Cuberta, será a primeira gran cita do ano

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
22/12/2016 . A Copa de Clubs de Pista Cuberta, será a primeira gran cita do ano

O Pavillón dos Deportes de Riazor dará acollida o vindeiro dia 7 de xaneiro unha nova edición correspondente a disputa da  Copa de Clubes de Pista Cuberta que acollerá ós clubes máis importantes do atletismo galego.

A compitición que dará comezo as 16.30 horas e que se desenvolverá nunha soa xornada, contará ca particpación na categoría feminina dos clubes do ADAS-Proinor, Clube Atletismo Narón, Sociedad Gimnástica de Pontevedra, Clube Atletismo Santiago, RIA Ferrol, LUCUS Caixa Rural Galega, Atletismo Femenino Celta e Riazor Coruña.

Na categoría masculina serán as formacións do LUCUS Caixa Rural Galega, Riazor Coruña, Clube Atletismo Narón, Clube Atletismo Santiago, Marineda Atlético, Sociedad Gimnástica de Pontevedra,  Real Club Celta e ADAS-Proinor,as que compitan por acadar este prestixioso título que abrirá un novo ano.

CIRCULAR

Etiquetas: