Saltar al contenido

Noticias Web FGA .- 12/06/2017 . Vigo converteuse na gran festa do atletismo base autonómico

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
12/06/2017 . Vigo converteuse na gran festa do atletismo base autonómico

Esta fin de semana as pistas viguesas de Balaidos deron acollida a unha nova edición correspondente ó Campionato de Galicia para as categorías Benxamín, Alevín e Infantil e na que un importante número de atletas tomarían parte nas mesmas.

Nun gran ambente de compitición e cunha amplísima participación, as probas contarían en moitos casos cun importante nivel deparando a consecución de dous récolrds galegos a cargo do fillo de Frank Casañas e Loly Pedrares, Hugo Casañas da Gimnástica, quen na proba de lanzamento de pelota da categoría benxamín mandaría a mesma ata os 32.40 m. Pola súa banda Alex Sierpes do Trega volvería a millorar o tope autonómico que el mesmo tiña rebaixandoo en preto de sete segundos ata deixalo en  3.14.47 nos 1000 m.l.

 

 

 
Etiquetas: