| 27/09/2017 . «Citius, Altius, Fortius» cumple esta fin de semana 300 programas de emisión |
|
Lonxe queda xa aquel mes de abril do ano 2011 cando se vería a emisión do primeiro programa que nacía con humildade pero con vocación de informar e entreter. Durante estes seis anos as súas cámaras intentaron captar todo aquelo que acontecía e que resultaba relevante para o noso deporte en cada un dos seus estamentos, acompañando en moitos caso no medre e na eclosión do que se está a denominar a «nova xeración de ouro do atletismo galego» Segundo o Presidente da FGA Isidoro Hornillos, « E para nós un orguio chegar ata esta cifra e ver como o que comezou sendo unha aposta arriscada no seu dia, mantén e mesmo incrementa, a súa importancia e finalidade coma elemento de nexo e difusión a nivel deportivo e social» . Hornillos remata salientando que «Damos grazas a todos cantos nos seguides fielmente a través da TVG2 ou a través da páxina web, sen esquecernos dos que directa ou indirectamente participades con nós cedendo imaxes, aportando comentarios, entrevistas ou información. A todos moitas grazas» |
Actualidade do Atletismo Galego
O programa de televisión Citius, Altius, Fortius elaborado pola Federación Galega de Atletismo e emitido semanalmente na franxa dos sábados pola TVG2, cumple esta fin de semana 300 programas en antena.