| 13/05/2017 . Excelentes rexistros no Ourense Termal Atletics Meeting 2017 |
|
No apartado de récords Luz María Domínguez do Burgas Ourense establecería un novo Récord Nacional W-55 nos 400 m.l. logo de marcar un crono de 1.08.37 que millorarían os 1.09.06 de Rosa Escribano do ano 2016. Pedro Osorio (Ria Ferrol-CCA) pola súa banda asinaría cos seus 1.52.42 un novo Récord Galego Xuvenil millorando a anterior plusmarca que dende o ano 1991 tiña Leonardo Piñeiro con 1.52.7 e que pon de manifesto o excepcional estado polo que pasa o ferrolano. Miguel Gómez do R.C.Celta na categoría M-35 sumaríase a festa vivida na capital das burgas, establecendo dúas novas plusmarcas autonómicas tanto nos 100 m.l. con 11.04, coma nos 200 m.l. con 22.74 |
Actualidade do Atletismo Galego
O pasado sábado, Ourense acollería unha nova edición doOurense Termal Atletics Meeting 2017 unha das citas máis importantes do calendario en pista en Galicia. O evento que viña precedido dunha importante espectación, non defraudaría en canto a resultados nos que compre salientar os rexistros da atleta venezolana do Atletismo Feminino Celta Nediam Nori Vargas quen acadaría 11.80 e 23.92 nos 100 e nos 200 m.l. No mesmo sector 10.82 para Jean Marie Okutu nos 100 m.l. sendo tamén destacados os