Saltar al contenido

Noticias Web FGA .- 25/11/2016 . As urnas decidirán mañán o futuro Presidente da Real Federación Española de Atletismo

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
25/11/2016 . As urnas decidirán mañán o futuro Presidente da Real Federación Española de Atletismo

A carreira por acadar a presidencia da Real Federación Española de atletismo chega ó seu fin.

Mañán sábado dia 26,  están convocados os 162 Asambleistas á Asamblea Extraordinaria  que terá lugar na sede do Comité Olímpico Español en Madrid (rúa de Arequipa,13) e cuias mans terán a responsabilidade de elexir tanto ós membros da Comisión Delegada, coma sobre todo a do  futuro presidente da RFEA entre os candidatos que a ela concurren, Isidoro Hornillos e Raúl Chapado.

As votacións serán logo da intervención dos dous candidatos ante Asamblea sobre as 12.15 horas, momento no cal procederase ó deposito do voto por estamentos na urna electoral. Unha vez rematado o proceso e de ter escrutados os resultados, sobre as 12.50 horas saberase xa o nome do futuro mandatario que dirixirá o atletismo español nos vindeiros catro anos.

Procedimento da actuación e horario (estimado) da Asamblea Extraordinaria

Etiquetas: